Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O contrato, de dous anos prorrogables ata catro, inclúe a concesión das pistas de tenis, pádel e multixogos, os campos de fútbol e a cafetería

- O servizo prestarase a risco e ventura do concesionario, retribuíndose cos ingresos do bar e as taxas pola utilización do recinto

firma cordeiro1

Valga, 6 de setembro de 2018.

O Concello adxudicou ao Cordeiro Club de Fútbol a xestión indirecta indirecta do complexo deportivo de Campaña  por un período de dous anos prorrogables ata un máximo de catro. A concesión inclúe a explotación da cafetería e a xestión das instalacións deportivas: pistas de tenis, pádel e multixogos, os dous campos de fútbol de herba artificial, gradas e vestiarios. O alcalde, José María Bello Maneiro, e o presidente do Cordeiro C.F., José Ramón Seco Buceta, asinaron esta semana o contrato.

O club farase cargo do mantemento e limpeza do recinto e tamén do acondicionamento das zonas axardinadas e do entorno, uns traballos que “realizaremos os membros da directiva para reducir os custos”, indica o presidente.

Os dous campos de fútbol están a disposición dos equipos federados de Valga –Cordeiro C.F., Furia A.C. e Salud de Veteranos– e tamén do Concello para todos aqueles eventos que queira organizar. No tempo que as instalacións estean libres, alugaranse a outros usuarios. As pistas de tenis, pádel e multixogos serán de uso gratuíto para toda a veciñanza mediante solicitude previa.

A concesión inclúe, por último, a cafetería, que abrirá en horario ininterrumpido de 9 a 22 horas de luns a sábado. Os domingos pechará polas tardes. Para prestar o servizo o club contratará a dúas persoas desempregadas de Valga. “Queremos ofrecer un bo servizo e que o bar estea a disposición tanto do club e das familias que forman parte del, como dos traballadores das empresas próximas e, en xeral, de todos os veciños”.

Tal e como recollía o prego de condicións administrativas polas que se rexeu o procedemento de contratación, o servizo prestarase a risco e ventura do concesionario, retribuíndose cos ingresos que se deriven da expolotación da cafetería e, en menor medida, coas taxas pola utilización das instalacións conforme á ordenanza fiscal vixente, sen que haxa lugar a compensacións económicas. Non se establece, por tanto, nin canon concesional a cargo do adxudicatario nin se achegarán subvencións por parte do Concello para compensar eventuais perdas.

firma cordeiro2

Volver