Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Vinte persoas desempregadas de Valga e Moraña formaranse nos módulos de construción e acondicionamento forestal

- Durante nove meses os participantes combinarán a formación teórica coa execución de obras de utilidade pública

Obradoiroullaumia2

Valga, 5 de setembro de 2018.

A Xunta de Galicia aprobou unha aportación de 288.807 euros para o obradoiro de emprego Ulla-Umia III, que promoven conxuntamente os concellos de Valga e Moraña e que favorecerá a empregabilidade de vinte persoas desempregadas destes dous municipios.

O obradoiro constará de dous módulos de construción e acondicionamento forestal. A metade dos alumnos, dez, obterán os certificados de profesionalidade de Operacións auxiliares de revestimentos en construcións e de Fábricas de albanelería, mentras que a outra metade o de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

Como é habitual nestes obradoiros, a formación teórica compaxinarase coa práctica mediante a realización de obras de utilidade pública. Neste caso, os traballos que se proxectan en Valga son o acondicionamento do Camiño Portugués, a continuación das obras no edificio de usos administrativos, o arranxo dos aseos e vestiarios do ximnasio municipal e a mellora de zonas de lecer como a praia fluvial de Vilarello ou o miradoiro de Beiro.

 

 

Volver