Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O club conta con 175 xogadores e 3 xogadoras nas categorías biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e sénior

- Mañá domingo debutan os equipos infantil ante o Ulla Pontecesures e sénior, que recibe ao Bertamiráns F.C.

cordeiropresentacion

Valga, 1 de setembro de 2018.

O Cordeiro Club de Fútbol presentou onte pola tarde no campo municipal de Baño os planteis dos equipos cos que competirá durante a temporada 2018/2019 nas diferentes categorías. Ao acto asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, o tenente alcalde, Román Castro, e os concelleiros José Lagos e Manuel Ferreiro, este último responsable da área de Deportes.

En total, 175 xogadores e tres xogadoras forman parte dos once equipos de categorías biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e sénior. En tres categorías –prebenxamín, benxamín e infantil- o Cordeiro C.F. competirá con dous equipos. Da formación e preparación dos futbolistas encárganse dous adestradores por categoría, así como un adestrador de porteiros.

O club estrea esta temporada nova directiva que, con algunhas incorporacións, é a mesma que estaba xa o ano pasado á fronte das categorías inferiores e está integrada por dezaseis membros. Están a traballar co obxectivo de fomentar o fútbol base e contar co máximo número de xogadores con ficha, algo fundamental para soster o club, que conta con douscentos socios.

O Cordeiro estrea mañá domingo a temporada. Ás 11 horas cun encontro ante o Ulla Pontecesures C.F. de categoría infantil nas instalacións deportivas de Campaña. E pola tarde, ás 18 horas, co debut do equipo sénior ante o Bertamiráns F.C. no campo municipal de Baño.

codeiropresentacion2 cordeiropresentacion1

cordeirobiberon cordeirosénior

Volver