Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O centro de lectura pasará a ter 150 metros cadrados, o que permitirá ampliar os fondos bibliográficos e dar servizo a máis usuarios

- Emprazarase na primeira planta do Edificio de Usos Administrativos, na praza Manuel Vicente Cousiño

DSC 0056

Valga, 29 de agosto de 2018.

O Concello de Valga adxudicou á empresa Sólida Soluciones Integrales S.L., da Coruña, o subministro do equipamento preciso para a posta en funcionamento da nova biblioteca municipal de Valga, que se emprazará no Edificio de Usos Administrativos, na praza Manuel Vicente Cousiño.

Este edificio xa albergou anteriormente a biblioteca municipal que, debido ás obras de rehabilitación que se están a executar, tivo que ser trasladada de maneira provisional á Casa da Cultura de Valga. Alí non se dispón de espazo suficiente para o centro de lectura que non pode, polo tanto, desenvolver a súa actividade de maneira óptima.

A nova biblioteca contará cunha superficie de máis de 150 metros cadrados, o que permitirá aumentar os fondos bibliográficos e recibir a un maior número de usuarios.

O equipamento que acaba de adxudicarse constará de varios módulos, mesas, sillas, ordenadores e outros aparatos electrónicos de imaxe e son nos que se investirán 34.500 euros.

Volver