Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade conta con dez prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición no teléfono 986 55 94 56

- Terá lugar o vindeiro 11 de setembro de 9 a 14 horas na Aula CeMIT

drons

Valga, 29 de agosto de 2018.

Rapaces de entre 12 e 16 anos de idade poden participar nunha xornada de iniciación na pilotaxe de drons que terá lugar o vindeiro 11 de setembro entre as 9 e as 14 horas na Aula CeMIT.

Os drons estanse a converter unha ferramenta esencial no entorno laboral. Empréganse, por exemplo, para tarefas de mantemento, entregas a domicilio ou traballos audiovisuais. O obxectivo desta xornada é fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega e favorecer a súa achega lúdica e divertida á enxeñaría informática. Está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica dentro do programa “Tech Kids”.

Os participantes coñecerán as diferentes partes que conforman un dron, como se montan e porque son capaces de voar. Tamén farán unha práctica empregando dous tipos de aeronaves: un overcraft -para entender os controis e movementos- e un dron co que percorrerán un circuíto e mesmo competirán entre eles.

A actividade conta con dez prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas poden anotarse de forma presencial na Aula CeMIT ou chamando ao número de teléfono 986 55 94 56.

Volver