Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mostra pode verse na Casa do Concello ata finais do mes de setembro

- Santiago, Vilagarcía, A Coruña, Sevilla ou Nova Iorque son algunhas das cidades que aparecen nos cadros

paisaxxes0

Valga, 24 de agosto de 2018.

O alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Cultura, Mari Carmen Castiñeiras, e a artista María José Rodríguez inauguraron onte pola tarde a exposición de pintura “Paisaxes que namoran”, que pode verse na Casa do Concello ata finais do mes de setembro.

A mostra está integrada por catorce cadros de “paisaxes que me transmiten e emocionan, vividos en primeira persoa ou a través dos ollos dos meus fillos", explica María José Rodríguez. Entre as obras recoñécense espazos e lugares da Coruña, cidade na que naceu a artista; de Santiago de Compostela, onde estudou e se licenciou en Pedagoxía; Guitiriz, o pobo dos seus pais e avós; ou Vilagarcía, a onde se trasladou xunto ao seu pai ferroviario e onde reside na actualidade. Segovia, Sevilla, San Sebastián, Nova Iorque ou Györ (Hungría) son outras das cidades pintadas pola artista.

O alcalde transmiteu á pintora a benvida a Valga en nome de todos os veciños e amosouse “orgulloso” de seguir recibindo artistas de distintas zonas de Galicia. “Valga conta cunha importante actividade cultural e un exemplo é que a sala de exposicións do Auditorio Municipal está xa ocupada ata o ano 2020”, destacou. Pola súa parte, María José Rodríguez agradeceu ao Concello que puxera “todos os medios ao seu alcance” para que a exposición “Paisaxes que namoran” puidera verse en Valga e louvou o traballo que está a realizar  a administración local para “dar visibilidade aos artistas e ao seu traballo. Aquí móvese a cultura”.

 paisaxxes1 paisaxxes2

paisaxxes3 paisaxxes5

paisaxxes4 paisaxxes6

paisaxxes7 paisaxxes8

Volver