Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os catadores Juan Carlos García, Serafín Novo, Manuel Blanco e Antonio Castaño seleccionaron onte dezaseis licores para a cata final

- Os produtores das mellores cañas, que se repartirán 700 euros en premios, daranse a coñecer o sábado na XXVII Festa da Anguía e Mostra da Caña

ccaña1

Valga, 24 de agosto de 2017.

Un total de vinte e dúas augardentes brancas, tostadas e de herbas presentáronse ao Concurso da Caña do País, unha iniciativa que se enmarca dentro da programación da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País que celebra o seu día grande mañá sábado. O certame, ao que podían concorrer destiladores artesanais, reparte 700 euros en premios entre os produtores dos mellores licores.

O prazo para presentar a caña debidamente embotellada rematou onte ao mediodía. Foron oito as augardentes brancas que concorreron ao concurso, seis tostadas e oito de herbas. Pola tarde tivo lugar na Casa do Concello a precata a cargo dos catadores Juan Carlos García Busto, Serafín Novo López, Manuel Blanco Picón e Antonio Castaño García, todos relacionados co mundo da augardente e que, nalgúns casos, foron produtores de destilados.

Fixeron unha primeira selección de licores, eliminando os seis peor valorados. As dezaseis augardentes restantes participarán esta tarde, ás 20 horas, na cata final, na que se decidirá aos gañadores das tres modalidades. O produtor da mellor caña branca será gratificado con 300 euros, mentras que os primeiros premios dos licores de herbas e tostado ascenderán a 200 euros. Os segundos clasificados recibirán un trofeo e un diploma conmemorativo.

Os premiados daranse a coñecer mañá no transcurso dos actos da XXVIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

ccaña2 ccaña3

ccaña4 ccaña5

ccaña6           ccaña7

                                                            ccaña8

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver