Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A iniciativa gratuíta organizada polo Concello para favorecer a conciliación familiar contou con máis de 80 participantes de entre 5 e 14 anos

- Nos últimos días, os rapaces visitaron as fervenzas de Parafita e participaron en xogos educativos

verann1

Valga, 23 de agosto de 2018.

Unha xornada de lecer, xogos e convivencia na praia fluvial de Valga serve hoxe de clausura da Escola de Verán organizada polo Concello e que, durante máis dun mes, contou coa participación de máis de 80 nenos de entre 5 e 14 anos.

A festa de despedida comezou pola mañá. Mentras algúns rapaces elixiron refescarse cun baño na praia fluvial, outros preferiron divertirse no parque infantil ou practicar actividades deportivas no Parque Irmáns Dios Mosquera, onde comeron todos para continuar cos xogos ata as seis da tarde.

Nas últimas xornadas da Escola de Verán combináronse distintos tipos de iniciativas lúdicas e educativas, así como as rutas "Valga a pé", que levou ao grupo da Casa da Cultura de Valga ata as fervenzas de Parafita. Nas últimas semanas, os nenos coñeceron tamén outros enclaves do municipio como a lagoa Mina Mercedes, o miradoiro de Beiro, a ponte romana de Campaña e ata percorreron un tramo do Camiño Portugués.

A Escola de Verán é unha iniciativa que ten por obxectivo favorecer a conciliación familiar e laboral durante o período de vacacións de verán. Nestas semanas de actividades, os rapaces inscritos divertíronse e compartiron experiencias con propostas lúdicas e educativas como contacontos, bibliotecas estivais, cineforum, cifras e letras, manualidades ou xogos populares.

verann2 verann3

verann4 verann5

verann6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver