Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O público que asista ao espectáculo poderá realizar donativos para a ONG

- Esta tarde comezan as catas do Concurso da Caña do País e inaugúrase a exposición "Paisaxes que namoran"

seijoestelles1

Valga, 23 de agosto de 2018.

A praza Manuel Vicente Cousiño acolle mañá ás 21 horas o espectáculo musical "Hits of the music" a cargo do violinista Antonio Seijo e o saxofonista Pablo Estellés. Trátase dun concerto solidario a favor da ONG "Médicos sin Fronteras". O público que queira asistir poderá depositar os seus donativos nas urnas que se colocarán na prazuela.

Antonio Seijo formou parte do grupo folk "Milladoiro" durante sete anos e tocou nas bandas de grandes artistas internacionais como Bonnie Tyler, Tom Jones, Paul Winter, Luis Cobos ou Julio Iglesias, entre outros. Pablo Estellés é na actualidade profesor de saxofón no Conservatorio de Pontevedra e conta co seu propio grupo de jazz instrumental co que actúa por toda Galicia.

Os dous músicos únense no proxecto "Hits of the music" para deleitar ao público con algúns dos grandes éxitos da música de todos os tempos, unindo a dulzura do violín coa forza do saxofón en temas tan coñecidos como "I wil survive", "Skyfall", "La dolce vita" ou "A mi manera".

Actividades hoxe á tarde

Esta tarde retómase a programación da XXVIII Festa da Anguía e Mostra da Caña. Ás 20 horas terá lugar na Casa do Concello a precata do Concurso da Caña do País. O prazo para presentar as augardentes brancas, tostadas e de herbas ao certame remata este mediodía ás 13 horas.

Ás 21 horas inaugúrase, ademais, a exposición de pintura "Paisaxes que namoran", da artista María José Rodríguez.

Volver