- O rexedor letón e José María Bello Maneiro asinarán un memorando de irmandamento entre as dúas vilas homónimas
- Durante a súa estancia coñecerá algúns dos principais recursos da vila e visitará lugares e infraestruturas de interese
Valga, 22 de agosto de 2018.
O alcalde de Valka (Letonia), Vents Armands Krauklis, realiza a partir de mañá a súa primeira visita institucional a Valga con motivo da celebración da XXVIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.
O rexedor letón será recibido no aeroporto polo seu homólogo valgués, José María Bello Maneiro, e outros representantes do Concello. Durante a súa estancia en Valga, Vents Armands Krauklis coñecerá algúns dos principais recursos da vila e visitará lugares e infraestruras de interese.
Na xornada do sábado, participará nos actos centrais da Festa da Anguía e Mostra da Caña. Ás 21 horas, trala recepción de autoridades na Casa do Concello, Vents Armands Krauklis e José María Bello Maneiro asinarán un memorando de irmandamento en catro idiomas: galego, castelán, inglés e letón. O alcalde letón recibirá, ademais, de Bello Maneiro unha placa conmemorativa da súa primeira visita institucional a Valga e asinará no Libro de Ouro do Concello.
O novo alcalde de Valga (Estonia), Margus Lepik, que tamén foi convidado a participar nestes actos de irmandamento, visitará Valga noutra ocasión, xa que tiña estas datas ocupadas por outros compomisos.