Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

A piques de cumplir 18 anos, José Antonio Fraga Souto, veciño dos Martores, está a vivir o seu soño como piragüista.

Nos dous últimos anos os seus logros foron salientables: campión de España de 500 metros e subcampión de 200 e 1.000 metros na temporada 2016/17; e campión galego de C1-1.000 metros, C1-200, C2-1.000 e C4-500 na temporada 2017/18, na que ademais obtivo a medalla de bronce no Campionato de España en C1-500 e C1-200 e foi quinto na Copa do Mundo de Maratón disputada en Portugal.

O sábado será o encargado de inaugurar a XXVIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País coa lectura do pregón.

toñofraga1

Valga, 22 de agosto de 2018.

- Como foron os teus comezos no piraguísmo?
- Comecei hai sete anos nas categorías inferiores do Club Náutico Pontecesures. Ao principio ía a pasalo ben, pero nos dous últimos anos empecei a destacar porque traballei con máis disciplina e dedicación. O piragüismo é un deporte que require de moita constancia, é máis importante que a técnica ou a forza.

- O traballo está a dar froitos, porque nas últimas temporadas os resultados foron moi bos.
- Na temporada 2016/17 sabía que ía a estar diante, pero na última non tiña esas expectativas porque viña dunha lesión importante no menisco e no ligamento cruzado do xeonllo. Foi moi duro e ata pensei en deixar o piragüismo. Pero moita xente animoume a seguir, díxome que os resultados chegarían e así foi. Fixen un cuarto posto na Copa de Asturias e vin que, se seguía por esa liña, volvería a estar entre os primeiros.

- Como ves o teu futuro no que ao deporte se refire?
- O próximo vai ser o meu primeiro ano como sénior, será un ano duro. Ademais, estou pendente de entrar no Centro Especializado de Alto Rendemento de Remo e Piragüismo de Sevilla ou no Centro Galego de Alto Rendemento en Pontevedra. Estes centros contan con mellores instalacións para os adestramentos, aínda que aquí no C.N. Pontecesures somos como unha familia e o apoio que nos damos entre todos é un punto a favor.

- O piragüismo é unha disciplina que ten dado moitas alegrías ao deporte galego. Cal é o teu referente?
- Pola súa forma de palear, David Cal. Pero tamén teño como exemplo a seguir a unha compañeira, Camila Morison, unha rapaza saída da canteira do C.N. Pontecesures.

toñofraga2

- David Cal é o deportista español con máis medallas nuns Xogos Olímpicos. Veste participando nunhas Olimpíadas?
- Está claro que o obxectivo de calquera deportista é chegar a remar nun Europeo ou nun Mundial senior e, por enriba de todo, participar nuns Xogos Olímpicos.

- O sábado serás o pregoeiro da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. Como afrontas esta experiencia nova para ti?
- Bastante nervioso, a verdade sea dita. Estou orgulloso de que o Concello me chamara e que se acordara dun deporte minoritario como o piragüismo, aínda que non o esperaba.

- Sobre que aspectos da festa vai a xirar o pregón?
- Esta é a unha festa á que eu adoito ir dende pequeno. Falarei diso, da calidade dos produtos que se exaltan ou da tradición dos cañeiros en Valga.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver