Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Consta de tres encontros programados para outubro e nos meses de xaneiro e abril de 2019

- Admítense un máximo de oito alumnos activos, estando aberto o prazo de inscrición

direccion musical

Valga, 21 de agosto de 2018.

O Concello de Valga, a Escola Municipal de Música e a asociación Musival poñen en marcha unha nova edición do curso de dirección musical que se desenvolverá dende o mes de outubro e ata abril de 2019 e que estará impartido polos mestres Pere Molina González, director titular da Orquestra de Cámara de Valencia, Manuel Villar Touceda, director da Escola e da Banda de Música Municipais de Valga, e Mar Durán Rodríguez, profesora de Psicoloxía no Universidade de Santiago.

O curso, que terá como agrupación residente a Camerata Arven, consta de tres encontros que contarán, como máximo, con oito alumnos activos. Estes admitiranse por rigorosa orde, estando xa aberto o prazo de inscrición.

O primeiro encontro desenvolverase entre o 12 e 14 de outubro e nel os participantes traballarán a obra “Noneto en Fa Mayor" de Louis Spohr. O segundo encontro está programado para os días 11, 12 e 13 de xaneiro de 2019 coa "Sinfonía nº1 en Do Maior" de Ludwig van Beethoven como obra elixida. Entre o 12 e o 14 de abril do ano que ven terá lugar a terceira sesión do curso, na que os participantes traballarán a "Serenata nº 10 Sib Mayor" de Wolfgang Amadeus Mozart.

O curso diríxese a titulados profesionais e superiores en Música de calquera idade ou procedencia que aspiren a desenvolver a súa aprendizaxe no campo da dirección musical, e a profesores de escolas de música ou conservatorios que aspiren a potenciar as súas carreiras e mellorar as súas capacidades como directores.

O plan de estudos estará dividido en cinco material: técnica e didáctica da dirección musical, orquestración, psicoloxía e pedagoxía da dirección, análise do repertorio e prácticas coa agrupación residente. O obxectivo é que os alumnos estuden e desenvolvan as técnicas xestuais para a dirección musical, dominen as múltiples responsabilidades que recaen sobre o director dunha agrupación profesional, comprendan de forma integral as cuestións psicolóxicas e pedagóxicas que inflúen na súa actividade e adquiran a formación teórica e práctica requerida para a incorporación profesional.

Inscrición no Curso de Dirección Musical

Volver