Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O espectáculo serviu para promocionar o Camiño Portugués, a ruta xacobea que discorre por Valga

- A programación da Festa da Anguía retómase o xoves coa precata do Concurso da Caña do País e a inauguración da exposición "Paisaxes que namoran"

maginblanco1

Valga, 21 de agosto de 2018.

O Parque Irmáns Dios Mosquera recibiu o sábado a Magín Blanco, un dos mellores compositores da escea galega, e a María José Pérez, unha das novas voces do panorama musical en Galicia. Ofreceron un concerto que se enmarcou no programa "VIve o Camiño", co que Turismo de Galicia promociona o Camiño Portugués a través das artes escénicas.

Magín Blanco foi o encargado de abrir o espectáculo cunha actuación dirixida especialmente ao público infantil e que se centrou no seu novo traballo "Camiños", no que mistura cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos e que inclúe dous temas gravados no Auditorio de Valga coa orquestra Gallaecia.

A continuación subeu ao escenario María José Pérez, que presentou o seu novo espectáculo "Sigo facendo camiño", no que fusiona diferentes estilos musicais, co predominio do pop-rock.

O concerto foi unha das actividades que abriron o programa da XXVIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, que se retoma o xoves coa precata do Concurso da Caña do País e a inauguración, ás 21 horas, da exposición de pintura "Paisaxes que namoran", da artista María José Rodríguez.

maginblanco2 mjperez

Volver