Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Lembra ás vítimas da violencia de xénero que teñen á súa disposición os servizos gratuítos do Centro de Información á Muller

- A Concellería de Igualdade pide á veciñanza que se implique e denuncie ante calquera sospeita de malos tratos

violenciaxénero

O Concello de Valga condena enérxicamente o asasinato dunha muller en Cabana de Bergantiños, que se está a investigar como un caso de violencia de xénero, e rexeita tamén calquera outra agresión machista ou conduta sexista.

A Concellería de Igualdade pide á veciñanza que se implique na loita contra os malos tratos e, ante calquera sospeita de violencia de xénero, denuncie. Ademais, informa ás vítimas que teñen á súa disposición os servizos do Centro de Información á Muller, no que se presta asesoramento psicolóxico e xurídico gratuíto, e que poden chamar ao teléfono 016 de atención ás vítimas de malos tratos. Este teléfono é gratuíto e non deixa pegada na factura.

Volver