Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A iniciativa trata de sensibilizar e concienciar no ámbito da igualdade e informa sobre como actuar en caso de agresión

- Incide en que o consentimento é todo e pide implicación á cidadanía á hora de denunciar

cabeceirafacebook

Valga, 18 de agosto de 2018.

Hoxe arranca a programación da XXVIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País e, nestas datas de celebración, o Concello de Valga súmase á campaña "De troula con sentido" por unhas festas libres de condutas e violencia sexistas, promovida pola Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Esta campaña trata de previr as agresións machistas, concienciar e sensibilizar no ámbito da igualdade e o respecto e informar sobre como actuar en caso de que aconteza unha agresión sexista.

As mensaxes inciden en que o consentimento é todo, en que hai que relacionarse con respecto e que non deben aproveitarse as situacións nas que se estea baixo a influencia do alcol ou outras substancias. Ademais, anímase ás persoas que sufran ou presencien algunha agresión sexista a denunciar a través dos teléfonos de emerxencias e das forzas e corpos de seguridade.

Festa con Sentido

Volver