Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os tíckets, que se venderán a dous euros, permitirán consumir un pincho e unha bebida

- A demostración de destilado da caña do país correrá a cargo de Fermín Rodríguez, Antonio Santiago e José Manuel Rodríguez

anguíaa

Valga, 17 de agosto de 2018.

A XXVIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, que se celebra en Valga a vindeira fin de semana, servirá entre os asistentes tapas deste peixe do Ulla en catro preparacións distintas e acompañadas de cócteles elaborados con augardente. Os tíckets para participar na degustación na noite do sábado 25 no Parque Irmáns Dios Mosquera  venderanse a 2 euros e darán dereito a consumir unha tapa e unha bebida.

O cátering Siro González estará de novo á fronte da parte gastronómica da festa. Os cócteles elaborados con caña do país que poderán degustarse son: mojito de tostada, Valgamepolitan, mazá de herbas e sorpresa de augardente. Os tres primeiros son versións de cócteles moi coñecidos como o mojito, o cosmopolitan e o Apple Martini, mentras que a sorpresa de augardente foi creada expresamente para a festa.

Pola tarde, ademais, haberá no recinto da festa a tradicional demostración de destilado a cargo dos “cañeiros” Fermín Rodríguez, Antonio Santiago e José Manuel Rodríguez. E, ás 12 da noite, unha queimada popular.

No tocante ás tapas, serviranse empanada de anguía, algas e ourizos de mar, anguía afumada con aguacate e migas, ensalada de anguía con pan de pita e anguía frita con fariña de garavanzos sobre arroz de pementos de fóra de temporada. Estas preparacións queren potenciar a anguía como un produto versátil e que ofrece múltiples posibilidades á hora de cociñalo, máis aló das receitas tradicionais.

Son arredor de 500 os quilos deste peixe que o Concello destina tanto á degustación popular da festa como á ruta de pinchos “Tapa á Anguía”. Nesta participan o sábado 25 e o domingo 26 oito bares e restaurantes de Valga que ofrecerán aos seus clientes de xeito gratuíto coas consumicións aperitivos cuxo ingrediente principal será a anguía.

Os establecementos participantes son os bares Alba, Couceiro, Juan, Maneiro, O Pontellón, Potel, pastelería Caprichos e a cafetería do Auditorio. O Concello facilitaralles a anguía xa limpa para que os cociñeiros preparen o produto seguindo distintas receitas elixidas. Entre as propostas gastronómicas que ofrecerán haberá anguía á mariñeira, á galega, en salsa, frita á maneira tradicional e combinacións con queixo á pementa e mel.

As persoas que completen a ruta ou que reúnan cando menos cinco selos doutros tantos bares poderán votar pola súa tapa preferida nas urnas que haberá nos propios locais de hostalería e, deste xeito, entrarán no sorteo de dez vales de 30 euros que poderán gastar no comercio local que elixan.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver