Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os rapaces, acompañados polos seus monitores e efectivos de Protección Civil, sentíronse como auténticos peregrinos

- Máis de 37.000 persoas teñen pasado por Valga cubrindo a ruta lusa no que vai de ano

evcamiño1

Valga, 3 de agosto de 2018.

A Escola de Verán do Concello elixiu esta mañá o Camiño Portugués a Santiago como aliciente para que os rapaces participaran nunha camiñata e se sentiran como auténticos peregrinos percorrendo un dos tramos da ruta lusa que discorre por Valga.

Os nenos, acompañados polos seus monitores e efectivos de Protección Civil, tomaron a saída nas Cernadas e camiñaron ata San Miguel, un dos tramos máis fermosos do Camiño Portugués que teñen percorrido no que vai de ano máis de 37.100 peregrinos. Na área de descanso aproveitaron para merendar e para paliar a calor refrescándose no río antes de continuar o traxecto.

As rutas "Valga a pé" son unha das actividades da Escola de Verán con maior aceptación entre os rapaces. Permítenlles coñecer mellor o seu concello e os seus principais recursos naturais, turísticos e de ocio ao tempo que practican actividade deportiva. O miradoiro de Beiro, a ponte romana de Campaña e a lagoa Mina Mercedes son os espazos que teñen visitado os nenos nas últimas semanas.

evcamiño2 evcamiño3

evcamiño4 evcamiño5

evcamiño6

Volver