Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Un contador permitirá detectar consumos inusualmente elevados que poidan deberse a avarías ou fugas 

- A axuda do Fondo de Compensación Ambiental supón o 80% do custo total da actuación

DSC 0497

Valga, 3 de agosto de 2018.

A Xunta de Galicia concedeu ao Concello de Valga unha xubvención de 31.735,01 euros para a execución de melloras na rede municipal de abastecemento, en concreto para a instalación de instrumentación que permita controlar as perdas de auga que se producen.

A axuda é outorgada pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e supón o 80% do custo total das actuacións, que ascende a 39.668,76 euros.

As melloras consisten na instalación á entrada dos depósitos dun sistema de medición para controlar o consumo de auga que está a haber en cada momento e os niveis dos tanques.

Os datos poden consultarse a través dun dispositivo móbil, como un teléfono ou tableta, en tempo real. Deste xeito, cando se detecta un consumo inusualmente elevado que, con moita probabilidade, se debe a unha avaría ou fuga pode actuarse con inmediatez.

Volver