Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Participou na creación da escola de pintura e contribuíu á expansión desta disciplina artística entre a poboación local

- O goberno agradécelle en nome da Corporación e dos veciños as súas múltiples aportacións á cultura local

potel1

Valga, 2 de agosto de 2018.

O Concello lamenta o falecemento do artista valgués Pepe Potel, "un gran contribuínte á cultura local", destaca o alcalde, José María Bello Maneiro, que transmite  á súa familia e achegados "o máis sincero pésame" en nome do goberno local, da Corporación municipal e dos veciños de Valga.

Pepe Potel participou na creación da escola de pintura de Valga, na que foi mestre durante máis de dúas décadas e dende a que contribuíu á promoción desta disciplina artística entre os valgueses, tanto adultos como, sobre todo, nenos e mozos.

Tamén coordinou, xuntio co alcalde, os traballos de investigación e de recollida de información previos ás excavacións arqueolóxicas que se levaron a cabo no xacemento Mercado dos Mouros.

O equipo de goberno agradécelle estas e outras moitas aportacións en beneficio de Valga.

potel2

Volver