Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O certame, integrado na programación da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, reparte 700 euros en premios

- Os participantes teñen que solicitar nas oficinas municipais as botellas para as augardentes brancas, tostadas e de herbas

concursocaña

Valga, 30 de xullo de 2018.

O Concello de Valga convoca un ano máis o Concurso da Caña do País, unha iniciativa que se enmarca dentro da programación da XXVIII Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, que se celebra a última fin de semana de agosto. O certame, ao que poden concorrer destiladores artesanais dados de alta no rexistro da Axencia Tributaria, reparte 700 euros en premios entre os produtores dos mellores licores.

Os interesados en participar deben acudir ás oficinas municipais a solicitar as botellas correspondentes e, despois, presentar os licores debidamente embotellados, xa sexa caña branca, tostada ou de herbas. O prazo permanecerá aberto ata as 13 horas do día 23 de agosto. Con posterioridade un xurado encargarase de catar as augardentes presentadas ao concurso para elixir aos gañadores.

O produtor da mellor caña branca será gratificado con 300 euros, mentras que os primeiros premios dos licores de herbas e tostado ascenderán a 200 euros. Os segundos clasificados recibirán un trofeo e un diploma conmemorativo. Os premios entregaranse durante os actos da xornada grande da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, o día 25 de agosto.

O gañador de cada unha das modalidades quedará obrigado, segundo as bases do concurso, a vender ao Concello o garrafón de augardente premiado.

 

ttt3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver