Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A concesión inclúe as pistas de tenis, pádel e multixogos, os campos de fútbol e a cafetería

- O servizo prestarase a risco e ventura do concesionario, retribuíndose cos ingresos do bar e as taxas pola utilización do recinto

campocampaña

Valga, 26 de xullo de 2018.

O Concello de Valga saca a contratación a xestión indirecta do complexo deportivo de Campaña  por un período de dous anos prorrogables ata un máximo de catro. A concesión inclúe a explotación da cafetería e a xestión das instalacións deportivas -pistas de tenis, pádel e multixogos, e dous campos de fútbol de herba artificial coas gradas e vestiarios-.

Poden presentar ofertas persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas en prohibicións para contratar e acrediten a súa solvencia económica, financieira e técnica. A adxudicación recaerá no candidato que presente a oferta máis vantaxosa, avaliándose, entre outros criterios, a experiencia da persoa proposta como director das instalación deportivas, a mellora na calidade dos servizos a prestar e a presentación dun proxecto de actuación e de promoción do deporte e da saúde. Neste apartado incluiranse as políticas de xestión encamiñadas a proporcionar maior facilidade de acceso a familias e colectivos en risco de exclusión social, así como á fixación dos usuarios de cara a manter unha actividade deportiva continuada. As ofertas poden presentarse no rexistro do Concello ata o día 14 de agosto.

Segundo recolle o prego de condicións administrativas, o servizo prestarase a risco e ventura do concesionario, retribuíndose cos ingresos que se deriven da expolotación da cafetería e, en menor medida, coas taxas pola utilización das instalacións conforme á ordenanza fiscal vixente, sen que haxa lugar a compensacións económicas. Non se establece, por tanto, nin canon concesional a cargo do adxudicatario nin se achegarán subvencións por parte do Concello para compensar eventuais perdas. Tampouco se fixan límites, máximos ou mínimos, aos ingresos que poida obter o concesionario a través de organización de eventos, certames ou probas, sempre que as súas características se adecúen ao funcionamento e destino das instalacións deportivas.

Volver