Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos inclúen a mellora dos pisos, a renovación das instalacións de fontanería e a colocación de novas duchas

- Estanse a investir máis de 20.000 euros nestas actuacións

vestiarios0

Valga, 24 de xullo de 2018.

O Concello de Valga está a investir máis de 20.000 euros na mellora dos vestiarios do campo de fútbol municipal de Baño, para mellorar as súas condicións de cara á vindeira temporada.

Estanse a executar traballos de fontanería e albanelería, estes últimos consistentes na demolición das duchas, as taquillas e o pavimento, así como a impermeabilización e recrecido dos pisos e a colocación dun novo pavimento.

Nos tres vestiarios do equipo local, o visitante e dos árbitros vaise a facer unha redistribución dos aparatos sanitarios (urinarios e lavabos) e colocaranse novas duchas con pulsómetros para o aforro de auga e rociadores antivandálicos. No vestiario do equipo visitante e no dos árbitros renovaranse, ademais, as instalacións de fontanería -en aceiro inoxidable- e de saneamento -en PVC-.

Por último, habilitaranse un punto de auga fría e outro de auga quente para masaxes, e un terceiro punto de auga para servizo de limpeza.

"Facía bastantes anos que non se actuaba nos vestiarios do campo municipal de Baño, que non se atopaban en boas condicións e incluso había filtracións de auga. Por iso, o goberno local decidiu levar a cabo este proxecto de acondicionamento e reparación das deficiencias con vistas á proxima temporada", explica o alcalde, José María Bello Maneiro.

vestiarios1 vestiarios3

vestiarios2

Volver