- A competición, organizada polo Club Fútbol Sala Valga e na que participaron 24 equipos, contou coa colaboración do Concello
- O concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, participou no acto de entrega de premios
Valga, 23 de xullo de 2018.
O equipo SD de Cacheiras (Teo) proclamouse gañador do oitavo Torneo de Fútbol Sala de Valga, que se disputou esta fin de semana no pavillón municipal de Baño. IMG (de Caldas e Portas) foron segundos; Terras de Iria (Padrón) acadaron o terceiro posto; e The Kids (Pontevedra), o cuarto.
O concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, participou na tarde de onte no acto de entrega de premios co que se clausurou o torneo. Ademais dos trofeos, que foron aportados polo Concello, a organización premiou aos tres primeiros clasificados con 700, 250 e 100 euros respectivamente.
Foron recoñecidos, tamén, o mellor porteiro do torneo (Abel Castro, do SD), o máximo goleador (Adrián Mella, do SD) e o mellor xogador (Diego Seoane, de Terras de Iria). Disputouse, ademais, un torneo de penaltis, no que os vencedores foron a parella formada por Jesús Martínez Souto e José Antonio Martínez Calvo.
A oitava edición desta competición, organizada polo Club Fútbol Sala Valga, contou con 24 equipos inscritos. Tres foron de Valga (Atrapatundas, Santana e Eldesa), outros de municipios da contorna e tamén participaron formacións doutras zonas da provincia e de Galicia como Vigo, Marín, Bueu, Pontevedra ou Santiago, entre outras.