Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e os concelleiros Mari Carmen Castiñeiras e José Lagos felicitárona no seu domicilio e agasallárona cun ramo de flores e doces

- Cunha filla, dous netos e tres bisnetos, gústalle cantar coplas e aínda fai ela a cama tódolos días

bouzas1

Valga, 8 de xullo de 2018.

María Bouzas Senín, veciña de Cerneira (Setecoros), está hoxe de aniversario. Cumpre 102 anos, motivo polo que recibiu esta mañá no seu domicilio a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, e dos concelleiros Mari Carmen Castiñeiras e José Lagos, que lle trasladaron as felicitacións do goberno municipal en nome de todos os valgueses. Agasallárona cun ramo de flores, unha rosca e doces.

María Bouzas é a veciña máis lonxeva de Valga. Cunha filla, dous netos e tres bisnetos, mantense chea de vitalidade tras máis dun século de vida. Cada mañá fai a súa cama sen axuda, gústalle cantar coplas e escoitar a radio e, nos días solleiros, sae á eira a pasear.

Este mediodía está a celebrar seu aniversario cunha comida rodeada de parte da súa familia.

Valga conta con outra muller centenaria, María Juana Martínez Pose, veciña da Tarroeira, que o pasado 25 de xuño cumpriu 100 anos.

bouzas2 bouzas3

bouzas4 bouzas5

Volver