Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A empresa Ogmios comezou esta semana os traballos previos de limpeza no afluente do río Valga

- As obras desenvólvense no tramo situado entre o Parque Irmáns Dios Mosquera e a estrada de San Miguel

regatocual2

Valga, 6 de xullo de 2018.

As obras para previr asolagamentos trasladáronse dende comezos desta semana ao regato do Cual, un afluente do río Valga, no que operarios e maquinaria da empresa Ogmios Proyecto S.L. están a realizar, primeiramente, traballos de limpeza e retirada de maleza do cauce e das ribeiras.

Estas tarefas desenvólvese no tramo comprendido entre o Parque Irmáns Dios Mosquera e a estrada de San Miguel. As obras consistirán na ampliación da capacidade do regato e na prolongación do encauzamento con gavións augas arriba do parque e ata o cruce coa estrada.

A actuación é financiada pola Xunta de Galicia e con ela quérese dar solución aos problemas de inundacións neste entorno.

regatocual1 regatocual3

Volver