Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Vinte equipos de once aldeas de Valga participaron onte nas actividades deportivas da Festa da Xuventude

- A solta de vaquiñas e o espectáculo de doma de Santi Serra pechan esta tarde a programación

CampionsOlimpiadas

Valga, 1 de xullo de 2018.

Os equipos masculino de Vilarello e feminino de Forno revalidaron o título de campións absolutos das Olimpíadas da Aldea. As rapazas do Forno obtiveron catro medallas, dúas de ouro en Brilé e no Mundialito e dúas de prata no Xirarei e na Turasoga; mentras que os mozos de Vilarello conseguiron dúas preseas de ouro en Brilé e no Xirarei.

As Olimpíadas disputáronse durante a tarde de onte na praia fluvial de Vilarello coa participación de vinte equipos, catorce masculinos e seis femininos, que representaron a once aldeas de Valga: Devesa, Vilar, Cerneira, Vilarello, Carracido, Moldes, San Miguel, Casaldeirigo, Loncras, Sixto e Forno.

Repartíronse premios por valor de case 3.000 euros entre os primeiros e segundos clasificados de seis xogos diferentes: Brilé, Carretilla, Esquís Cooperativos, Xirarei, Turrasoga e Mundialito de Fútbol. Tamén se premiou a deportividade, con senllos trofeos para os equipos feminino e masculino Casaldeirigo I.

A táboa de resultados completa das Olimpíadas foi a seguinte:

BRILÉ FEMININO:

1º: Forno

2º: Casaldeirigo II

BRILÉ MASCULINO:

1º: Vilarello

2º: Casaldeirigo III

CARRETILLA FEMININA:

1º: Casaldeirigo I

2º: Vilar II

CARRETILLA MASCULINA:

1º: Cerneira

2º: Casaldeirigo  II

ESQUÍS COOPERATIVOS FEMININOS:

1º: Casaldeirigo I

2º: Casaldeirigo III

ESQUÍS COOPERATIVOS MASCULINOS:

1º: Casaldeirigo II

2º: Moldes

XIRAREI FEMININO:

1º: Vilar II

2º: Forno

XIRAREI MASCULINO:

1º: Vilarello

2º: Moldes

TURRASOGA FEMININA:

1º: Casaldeirigo III

2º: Forno

TURRASOGA MASCULINA:

1º: Casaldeirigo I

2º: Casaldeirigo IV

MUNDIALITO FEMININO:

1º: Forno

2º: Vilar

MUNDIALITO MASCULINO:

1º: San Miguel

2º: Casaldeirigo III

PREMIO Á DEPORTIVIDADE:

Feminino: Casaldeirigo I

Masculino: Casaldeirigo II

CAMPIÓNS ABSOLUTOS DAS OLIMPÍADAS:

Feminino: Forno

Masculino: Vilarello

A programación da XIII Festa da Xuventude continúa esta tarde. A partir das 18:30 horas terá lugar a solta de vaquiñas, co “paseíño” a cargo da Cuadrilla de Tito de Victoriano, Pepiño de Barcia ou Pardaliño, enre outros. Rodadora e Ojalada, da gandería Toros de Brazuelas de Valladolid, serán as dúas vaquiñas que saían á praza móbil instalada na área lúdica de Vilarello. Ademais dos afeccionados e espontáneos locais, actuarán durante a tarde os recortadores de Arte y Emoción que, por cuarto ano, ofrecerán en Valga un repertorio de saltos, recortes e caneos. Emilio Colmenero será o director de lida.

Unha vez rematada a solta, entregaranse os premios aos mellores toureiros e, a continuación, será o momento do domador televisivo Santi Serra, gañador do concurso de talentos “Tú sí que vales”, cun impresionante espectáculo baseado na doma pacífica, unha disciplina que permite crear un vínculo físico e psíquico de entendemento cos animais. Contará coa participación de dous cabalos de raza árabe e dous cans.

Olimp1 Olimp2

Olimp3 Olimp4

Olimp5 Olimp6

Olimp7 Olimp8

Olimp9 Olimp10

Olimp11 Olimp12

Volver