Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Executarán obras en equipamentos públicos e traballos de mellora e acondicionamento de zonas verdes, entre outros

- A contratación foi subvencionada pola Xunta de Galicia

albaneis1

Valga, 27 de xuño de 2018.

O Concello de Valga vén de contratar a dous traballadores para o departamento municipal de Obras. Trátase de dous albaneis veciños do municipo que se atopaban en situación de desemprego e que foron contratados a xornada completa por un período de nove meses.

Os dous operarios comezaron a traballar onte martes e nestas primeiras xornadas realizaron labores de montaxe das bancadas para a Festa da Xuventude na área lúdica de Vilarello.

As tarefas a realizar durante o período de contratación incluirán a execución de obras en instalacións, infraestruturas e equipamentos públicos, a mellora de servizos municipais e o acondicionamento de zonas verdes incluíndo traballos de reparación, mantemento e axardinamento, entre outros.

A contratación dos dous traballadores realizouse mediante un proceso selectivo que incluíu unha oferta pública ao INEM. O Concello conta cunha subvención da Xunta de Galicia.

albaneis2

Volver