Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Acondicionouse unha pista con espazo nas marxes para estacionar e ancho suficiente para xirar

- Recentemente instalouse unha nova pasarela de madeira que permite baixar ata o cauce do río e contemplar o salto de auga

pistafervenza1

Valga, 26 de xuño de 2018.

Chegar en coche ata a fervenza de Raxoi xa é posible. Nos últimos días remataron os traballos de acondicionamento dun acceso para vehículos que consistiron na limpeza e apertura dunha pista e o seu pavimentado con xabre.

O camiño parte da estrada entre Raxoi e Parafita na que se están a executar obras de asfaltado e chega ata a zona alta da fervenza. O seu ancho permite, nalgúns tramos, estacionar vehículos nunha marxe e, na parte final, facer xiros para cambiar o sentido da marcha. Dende aí ata o salto de auga apenas hai que camiñar uns metros.

Con esta actuación complétanse os traballos de mellora da accesibilidade á fervenza de Raxoi, que incluíron a instalación dunha nova pasarela de madeira con escaleiras de baixada a este enclave natural de interese turístico.

A estrutura facilita o descenso dos visitantes ata o cauce do río Valga para contemplar a fervenza. Ten 1’20 metros de ancho e 22 metros lineais de lonxitude divididos en varios tramos de escalóns e rampas con lixeira pendente e está feita con madeira de eucalipto autóctono e de pino con tratamento en autoclave que aumentará a súa durabilidade e garantirá unha mellor conservación á intemperie.

pistafervenza2 pistafervenza3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver