Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Emilio Colmenero será de novo o director de lida e os recortadores de Arte y Emoción ofrecerán un repertorio de saltos e caneos

- As actividades comezan o sábado 30 coas Olimpíadas da Aldea e a actuación dun DJ e continúan o domingo 1 cun espectáculo do adestrador de cabalos Santi Serra

xuven

Valga, 22 de xuño de 2018.

A décimo terceira edición da Festa da Xuventude, que se celebra os días 30 de xuño e 1 de xullo na praia fluvial de Vilarello, ten xa pechado o programa de actividades. Ás xa anunciadas Olimpíadas da Aldea e á actuación do televisivo adestrador Santi Serra súmase, como é habitual, a solta de vaquiñas na tarde do domingo. 

Dará comezo arredor das 18 horas co “paseíño” a cargo da Cuadrilla de Tito de victoriano, Pepiño de Barcia ou Pardaliño, entre outros. Rodadora e Ojalada, da gandería Toros de Brazuelas de Valladolid, serán as dúas as vacas que salten á praza móbil instalada en Vilarello. Ademais dos afeccionados e espontáneos locais, actuarán durante a tarde os recortadores de Arte y Emoción que, por cuarto ano, ofrecerán un repertorio de saltos, recortes e caneos.

Emilio Colmenero será o director da lida, que conta con todos os permisos e autorizacións que establece a lexislación. Tendo en conta que a nova Lei de Espectáculos de Galicia prohíbe o acceso de menores aos espectáculos de carácter taurino, e aínda que a normativa non afecta a esta edición da Festa da Xuventude porque entra en vigor o día 2 de xullo, o Concello fai unha recomendación aos pais para evitar a presenza de nenos menores desa idade.

Unha vez rematada a solta, será o momento do adestrador de cabalos Santi Serra, gañador do concurso televisivo de talentos “Tú sí que vales”, cun impresionante espectáculo baseado na doma pacífica, unha disciplina que permite crear un vínculo físico e psíquico de entendemento cos animais. Contará coa participación de dous cabalos de raza árabe e dous cans.

As actividades da XIII Festa da Xuventude comezan o sábado 30 de xuño coas Olimpíadas da Aldea, para as que se admiten inscricións ata as 15 horas do día 29 de xuño.

Para participar nos torneos, tanto femininos como masculinos, de Brilé, Carretilla, Esquís Cooperativos, Xirarei e Turrasoga precísanse equipos de catro xogadores titulares máis dous suplentes e os premios serán de 150 euros para os primeiros clasificados e de 75 para os segundos. O Mundialito de Fútbol, no que tamén se manteñen as categorías masculina e feminina, disputarano equipos de tres xogadores titulares e dous suplentes. Os campións serán gratificados con 200 euros e os segundos clasificados con 100.

Os integrantes dos equipos deben ser de Valga admitíndose só dúas excepcións por equipo. Segundo establecen as bases, considérase que é de Valga calquera persoa empadroada na vila ou que estivera censada durante 10 ou máis anos, aínda que actualmente non o estea.

Na tarde do sábado, a partir das 15:30 horas, disputaranse as rondas eliminatorias do Mundialito, Brilé, Carretilla e Esquís cooperativos e tamén a final do Xirarei. O domingo ás 16:30 terán lugar as restantes finais e a competición de Turrasoga, seguidas da entrega de premios e trofeos. A aldea que acumule máis medallas será a gañadora absoluta das Olimpíadas e tamén haberá premios á deportividade.

O sábado pola noite, a partir das 22:30 horas, haberá música con DJ Ramón.

Xuventude1

Olimpiadaas

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver