Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Asistiron 190 persoas entre xogadores, adestradores, directivos do club e acompañantes

- O prazo de inscrición para a vindeira campaña xa está aberto

Corddeiro1

Valga, 20 de xuño de 2018.

Unhas 190 persoas participaron a pasada fin de semana na comida que o Cordeiro Fútbol Base organizou para despedir a temporada. Xogadores e adestradores dos diferentes equipos, directivos do club e acompañantes asistiron á celebración, que tivo lugar nas instalacións municipais de Campaña e que, ademais do ágape, incluíu o sorteo de material deportivo (balóns, luvas, suadoiros, polos e chándales) entre os rapaces.

O Cordeiro Fútbol Base contou durante a temporada recén rematada con 137 xogadores. Como principal logro do ano, o equipo infantil proclamouse campión de liga e acadou o ascenso a Primeira Infantil. Os conxuntos biberón, prebenxamín e cadete tamén gañaron algúns dos torneos nos que participaron.

O período de inscricións para a vindeira temporada está aberto. As persoas interesadas poden contactar cos responsables do club a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando aos números de teléfono 606 944 868 ou 629 380 594.

Corddeiro2 Corddeiro3 Corddeiro4 Corddeiro5 Corddeiro6

Volver