Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os participantes percorreron unha ruta de vinte quilómetros por San Miguel, Raxoi e Martores

- A Asociación Cabalar de Valga contou coa colaboración do Concello na organización do evento

xuntanzac1

Valga, 11 de xuño de 2018.

A Xuntanza Cabalar, que celebrou o sábado a súa cuarta edición, desafiou á chuvia e reuniu a máis de medio cento de équidos e xinetes.

A pesar das malas condicións meterolóxicas da xornada, os participantes non se achicaron e percorreron unha ruta de vinte quilómetros de lonxitude que partiu do campo de fútbol do Pino e discorreu por San Miguel, Raxoi, Martores o e o monte Salgueiros.

Pola noite, unha cen persoas participaron nunha cea a base de polbo e churrasco e que rematou cun sorteo de agasallos para os xinetes e os cabalos. A actuación do dúo Nueva Era puxo o fin de festa.

A organización do evento correu a cargo da Asociación Cabalar de Valga, que contou coa colaboración do Concello.

 xuntanzac2 xuntanzac6 xuntanzac4 xuntanzac5

Volver