Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os solistas de acceso a Grao Profesional actúan o vindeiro domingo a partir das 19 horas

- A entrada ás actuacións é de balde para o público

ciclo

Valga, 11 de xuño de 2018.

A Escola Municipal de Música ten programado para este mes de xuño un ciclo de concertos con motivo do final do curso e que terá como escenarios a Casa da Cultura de Valga e o Auditorio Municipal.

Na Casa da Cultura actúan o vindeiro domingo, ás 19 horas, os solistas de acceso a Grao Profesional. O xoves 21 toman o relevo os solistas de saxofón (21 horas), o venres 22 será o turno dos solistas de piano (21 horas) e o domingo 24 subirán ao escenario os solistas de corda (19 horas).

Na última semana do mes haberá outras tres actuacións na Casa da Cultura. O martes 26 a cargo dos solistas de vento madeira, o xoves 28 cos solistas de clarinete e o venres 29 coa participación dos solistas de canto e o Xove Coro. Serán os tres ás 21 horas.

No tocante ao Auditorio, o sábado 23 actúan os solistas de vento metal e percusión (18 horas) e o luns 25 fan o propio os alumnos de Música e Movemento, Linguaxe Musical, o Coro Infantil e a Banda Peque (21 horas). Para pechar xuño, o sábado 30 a Banda Municipal de Valga ofrecerá un concerto co director invitado Emilio Cabello.

Todas as actuacións son con entrada de balde para o público.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver