- Responsables da Xunta reuniranse a vindeira semana cos veciños

- A dispersión, o pequeno tamaño das fincas e a falta de accesos son as principais problemáticas para facer rendible o monte

mmartores

Valga, 9 de xuño de 2018.

Representantes da Consellería do Medio Rural reuniranse a vindeira semana cos propietarios de terreos dos lugares de Martores, Vilares, Laceiras e Raxoi para analizar a posibilidade de impulsar a concentración parcelaria nesta zona, como así demandan os veciños. No encontro participarán tamén responsables da empresa encargada de realizar o estudo de viabilidade da parcelaria.

Esta reunión foi xestionada polo goberno municipal despois de que os veciños destes lugares, todos na parroquia de San Miguel de Valga, lle trasladasen o seu interese por promover unha concentración parcelaria. O reducido tamaño das fincas, a súa dispersión e a falta de accesos son as principais problemáticas que destacan os propietarios na actualidade e que impiden, nalgúns casos, sacar rendibilidade aos seus terreos.

Así, os veciños destacan as dificultades coas que se atopan para poñer en marcha aproveitamentos agrogandeiros ou ampliar algunhas das plantacións xa existentes e solicitan a reordenación das terras para favorecer o seu uso agrícola ou forestal. Contan co respaldo tanto da Comunidade de Montes veciñais en man común de San Miguel, que agrupa máis de 670 hectáreas de terreo, como do Concello de Valga, que se está a encargar das xestións ante a Consellería do Medio Rural.

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver