Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Realizará actividades de prevención de enfermidades, como charlas en colexios sobre o tabaquismo ou a dieta saudable

- A comezos de xullo incorpórase tamén un médico especialista en Pediatría

enfermeira2

Valga, 8 de xuño de 2018.

O Centro de Saúde de Valga incorporou esta mañá ao seu cadro de persoal unha especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria. Ainda que esta especialidade se implantou hai xa anos na Atención Primaria, non foi ata agora cando crearon as primeiras prazas. Na área sanitaria de Santiago só dúas: Valga e Santa Comba. O Centro Médico valgués convértese así nun dos primeiros en contar cunha profesional especialista en enfermería familiar e comunitaria.

Trátase da enfermeira Soraya Meijome, con máis dunha década de experiencia na atención primaria. Ademais de compartir funcións coas demais compañeiras enfermeiras, a súa especialidade permitiralle realizar actividade comunitaria e desenvolver tarefas de prevención de enfermidades e promoción da saúde fóra do entorno asistencial. Por exemplo, impartir charlas en centros educativos.

“Hai que coidar tanto á xente sa como á enferma”, incide outorgándolle especial importancia á prevención de doenzas. “Actuar sobre o tabaquismo, promover unha dieta saudable ou fomentar a realización de actividade física” entrarían dentro das súas funcións. Tamén destaca como unha prioridade o traballo con doentes crónicos (diabéticos ou hipertensos, por citar algún exemplo). En moitas das súas tarefas, traballará de xeito coordinado co departamento de Servizos Sociais do Concello.

Coa incorporación desta enfermeira o Centro de Saúde pasa a contar co mesmo número de persoal facultativo e de enfermería, o que redundará nunha mellor atención aos pacientes e usuarios. As melloras no servizo que o Concello xestionou ante o Sergas suporán tamén a ampliación do calendario de toma de mostras, polo que os doentes pasan a ter tres días á semana (en lugar de dous) para a extracción de sangue para analíticas.

E no tocante ao persoal, a comezos de xullo producirase unha renovación na atención pediátrica, xa que debido á xubilación do titular actual producirase a incorporación dun novo facultativo.

O goberno municipal continúa xestionando outras melloras para o Centro de Saúde.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver