Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Balóns, conos, vallas ou unha pizarra son algúns dos materiais solicitados pola entidade

- A Concellería de Deportes aposta por promover a práctica deportiva entre a mocidade

furia1

Valga, 8 de xuño de 2018.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, fixeron onte entrega a dous representantes do Furia Athletic Club dun lote de material deportivo composto por:

  • 1 pizarra táctica magnética
  • 1 xogo de conos flexibles
  • 1 balón de sobrepeso
  • 5 balóns de fútbol
  • 1 bombín eléctrico
  • 1 saco portabalóns
  • 3 vallas basculantes de 50 cm.
  • 1 escaleira de axilidade de 4 metros

A listaxe de material elaborouse de acordo coas necesidades do propio clube.

Ademais deste material, ao comezo da temporada o Concello entregou tamén chándales a todos os xogadores. Apoiando e patrocinando aos equipos de Valga, a Concellería de Deportes trata contribuír á práctica de actividade deportiva entre a mocidade como unha forma de enriquecemento persoal e de transmisión de valores.

furia2

Volver