- Terá lugar o venres 15 de xuño a partir das 20 horas
- Está organizada pola Rede de Convivencia Municipal, da que forman parte os Servizos Sociais do Concello, os centros educativos de Valga e as Anpas
Valga, 7 de xuño de 2018.
O Auditorio Municipal acolle o vindeiro 15 de maio a charla “Os novos retos nas adiccións”, dirixida a pais e familias do alumnado dos centros educativos do municipio. Terá lugar ás 20 horas e será impartida por técnicos do Plan de Prevención das Drogodependencias e outras condutas adictivas.
A charla-coloquio enmárcanse no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos de Valga e na súa contorna. Está organizada pola Rede de Convivencia Municipal, da que forman parte o departamento de Servizos Sociais do Concello, o IES de Valga, o CEIP Baño-Xanza, o CEP Xesús Ferro Couselo e as súas respectivas asociacións de pais de alumnos.