Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O control de hemorraxias, a posición lateral básica e a reanimación cardiopulmonar son algúns dos contidos da actividade formativa

- Os interesados poden anotarse no Concello ou no Auditorio Municipal

auxi1

Valga, 4 de xuño de 2018.

O Concello promove un curso teórico-práctico sobre soporte vital básico e desfibrilación externa semiautomática (DESA) para o que xa está aberto o prazo de inscrición.

A actividade formativa, que terá oito horas de duración, proporcionara aos participantes os coñecementos teóricos e prácticos básicos para saber como actuar de xeito precoz en caso de parada cardiorrespiratoria e para saber utilizar o desfibrilador semiautomático.

Explicaranse directrices para realizar correctamente a reanimación cardiopulmonar, o conxunto de manobras para revertir o estado de parada cardiorrespiratoria ata que a vítima reciba asistencia médica. Esta reanimación pode ser básica, sen equipamento, ou instrumentalizada, con equipamento elemental como o desfibrilador semiautomático. Sobre este último, abordaranse as potencialidades do desfibrilador, as técnicas para a súa utilización e a secuencia para realizar a reanimación cardiopulmonar con DESA.

O curso incluirá contidos sobre outras técnicas de soporte vital básico como o control de hemorraxias, a posición lateral de seguridade na que colocar a unha persoa que está incosciente pero aínda respira para evitar o afogamento ou como actuar en caso de atragantamento ou asfixia por corpo estraño.

As persoas que estean interesadas en realizar este curso homologado poden solicitar información ou anotarse no Concello e no Auditorio Municipal. 

curso desa copia

Volver