Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O responsable José Manuel Otero “Camaño” e o voluntario José Ferro recolleron en Pontevedra a subvención

- Os fondos destináronse á adquisición de máquinas desbrozadoras e traxes de augas

AxudaDepoPC1

Valga, 23 de marzo de 2026.

A agrupación de Protección Civil de Valga recibiu unha axuda da Deputación Provincial por valor de 4.873’46 euros para adquisición de equipamentos, de material para emerxencias, maquinaria de extinción de lumes, material sanitario, medios de telecomunicacións, equipos informáticos, ferramentas ou uniformes. En concreto, a agrupación valguesa destinou estes fondos á compra de dúas máquinas desbrozadoras e catro traxes de augas.

O responsable de Protección Civil, José Manuel Otero “Camaño”, e o voluntario José Ferro recolleron a subvención esta mañá en Pontevedra, nun acto celebrado no Pazo provincial e no que se deron cita representantes de 22 agrupacións da provincia. O presidente da Deputación, Luis López, e o deputado provincial de Emerxencias, Alejandro Lorenzo, foron os encargados da entrega.

“É un apoio, agradecemento e recoñecemento por parte da Administración a ese labor fundamental que facedes”, dixo Lorenzo. No mesmo sentido pronunciouse Luis López: “En nome de toda a provincia queremos agradecervos o voso labor e compromiso diario. Se esta provincia é extraordinaria é grazas a xente coma vós”.

AxudaDepoPC2

Volver