Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A furgoneta estivo os sábado e o domingo na Praza Vicente Cousiño e hoxe xunto ao Concello e no Auditorio

- Entre as tapas que ofreceu, un roliño de anguía con salsa de caña do país

SaborRiasBaixas1

Valga, 19 de marzo de 2026.

Hoxe rematou a visita que a food truck do programa “O Sabor das Rias Baixas” realizou a Valga. Foron tres días nos que a furgoneta da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas ofreceu aos valgueses petiscos inspirados nas distintas festas gastronómicas que se celebran durante o ano nos concellos da provincia. Entre estes eventos non podía faltar a Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, a festa por excelencia de Valga, representada cun rolo de anguía acompañado dunha salsa de caña e pemento verde.

Entre as elaboracións culinarias tamén había croquetas de choco e de cocido, un roliño de lacón con grelos e empanada de millo corvo rechea de mexillóns. Ofrecéronse de xeito gratuíto a todas as persoas que se achegaron á food truck, que durante a fin de semana se ubicou na Praza Manuel Vicente Cousiño. O sábado repartíronse arredor de 400 petiscos e o domingo, o día de máis éxito, chegouse aos 600. Na xornada de hoxe, a furgoneta estivo xunto ao Concello pola mañá e no Auditorio pola tarde, repartindo arredor de 300 tapas.

Ademais, o persoal da food truck realizou sorteos de diferente material promocional: bolsas reutilizables, pousavasos, cubertos e outros utensilios de cociña.

Estas fook trucks están a percorrer todos os concellos da provincia. A través desta iniciativa, Deputación e Turismo Rías Baixas non só inciden na difusión das festas, senón que traballan para a desestacionalización do turismo na provincia a través da súa riqueza gastronómica.

SaborRiasBaixas2 SaborRiasBaixas3

Volver