Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Desenvolveranse durante o mes de maio e comezos de xuño no Auditorio Municipal

- As inscricións gratuítas poden realizarse no Concello ou no centro médico de Baño

ConCoidadoWeb

Valga, 17 de marzo de 2026.

Valga acollerá durante os meses de maio e xuño as xornadas de saúde “Con coidado”, un programa formativo dirixido a coidadores non profesionais de persoas dependentes promovido polo Servizo Galego de Saúde, coa colaboración do Centro Médico de Valga e o Concello.

A actividade, que é gratuíta, será impartida por profesionais da saúde e desenvolverase no Auditorio Municipal cun total de catro xornadas.

Sesión 1 – Martes, 12 de maio:

  • Que é o envellecemento?
  • Recursos sociais disponibles

Sesión 2 – Martes, 19 de maio:

  • Alimentación en persoas dependentes (disfaxia e afogamento)
  • Coidados da pel (cueiros e incontinencia; úlceras e a súa prevención)

Sesión 3 – Martes, 26 de maio:

  • Prevención de caídas
  • Dispositivos de apoio á deambulación
  • Exercicio dinámico

Sesión 4 – Martes, 2 de xuño:

  • Autocoidados
  • Primeiros auxilios

As inscricións poden realizarse presencialmente no Concello ou no Centro de Saúde e tamén a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando preferencia horaria.

ConCoidadoCartel

 

Volver