- O Concello quixo recoñecer o seu labor, tan importante antano e que hoxe en día aínda ten reflexo en acontecementos coma a Procesión dos Lacóns
- Divina López, unha das veteranas, desfilou coa cesta sobre a cabeza e Belén Tarrío falou en nome das protagonistas: “Ser porteadora é moito máis ca unha tradición; é unha maneira de facer comunidade”
Valga, 14 de marzo de 2026.
O Concello celebrou o acto central conmemorativo do Día Internacional da Muller cunha homenaxe a máis de corenta valguesas. O recoñecemento recaeu, nesta ocasión, en portadoras de cestas. A imaxe destas mulleres transportando sobre as súas cabezas todo tipo de produtos e materiais aínda se mantén hoxe en Valga grazas á acontecementos coma a Procesión dos Lacóns, convertida en recurso patrimonial e cultural despois de máis dun século percorrendo, cada 2 de febreiro, parte da parroquia de Cordeiro.
Estas mulleres, co seu esforzo, dignidade e valentía representaban fortaleza e compromiso coas súas familias e comunidades. A súa dedicación foi imprescindible para o funcionamento de moitas economías locais, especialmente en contextos onde a mobilidade e o acceso aos recursos eran limitados. Por iso o Concello quixo renderlles esta homenaxe, como recordatorio do legado cultural que representan e da importancia que antano tiña o seu labor.
As homenaxeadas foron:
- Luz Divina López, de Vilar
- Encarnación Tobío, de Vilarello
- Mª José Lago, de Vilar
- Marisa Blanco, de Beiro
- Rosa Campaña, da Devesa
- Carmen Maneiro, de Vilarello
- Belén Tarrío, de Vilar
- Carmen Rodríguez, de Vilarello
- Nita Rodríguez, de Vilar
- Maritina Cerqueiras, de Vilarello
- Mª Luisa Rodríguez, de Vilarello
- Josefa Pérez, de Vilarello
- Laura Rey, de Vilarello
- Dulcelina Ferro, de Vilar
- Mª Elisa Bouzáon, de Vilar
- Ángela Rodríguez, de Vilar
- Irene Alver, de Vilar
Mª Eva González, de Vilarello - Mª Divina López, da Canle
- Nati Lagos, de Vilar
- Mª José Bandín, de Vilar
- Mª Gloria Eiras, de Vilar
- Beti Barreiro, de Vilar
- Amparo Freiría, de Vilar
- María López, de Vilar
- Rosa Mari Eiras, de Vilar
- Mª José Conde, de Vilar
- Mª Carmen Busto, de Vilarello
- Manola Rial Cruz, de Vilarello
- Charo Busto, de Vilarello
- Celia Furelos, das Eiras
- Lolita López, de Beiro
- Angelita Bouzón, de Vilar
- Maruja Cancela, de Vilar
- Pili González, de Vilar
- Cristina Pérez, de Vilar
- Encarnita Campaña, da Canle
- Montserrat Otero, de Vilarello
- Dolores Tobío, das Eiras
- Susana Castro, de Vilar
- Raquel Castro, de Vilar
- Maruja Campaña, de Vilar
Todas elas asinaron no Libro das Mulleres e recibiron un diploma e varios agasallos de mans do alcalde, José María Bello Maneiro, das concelleiras Carmen Gómez, Begoña Piñeiro e Malena Isorna, e o edil José Ángel Souto.
Divina López, unha das homenaxeadas máis veteranas, fixo unha demostración de como portar a cesta e, en representación de todas as protagonistas, Belén Tarrío, agradeceu ao Concello “que poña en valor o noso labor. Ser porteadora é moito máis ca unha tradición; é unha maneira de facer comunidade, de honrar ás que viñeron antes e de abrir camiño ás que virán. Que este recoñecemento sirva para lembrar que, cando as mulleres nos xuntamos, movemos o mundo”, dixo.
No transcurso do acto, actuou a alumna do Centro Superior de Música Irene Vázquez, que cursa 4º curso na especialidade de piano e vén de gañar a medalla de prata nun certame de novos artistas en Polonia.







