Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Realizaron xogos cos que estimular a memoria, aumentar a concentración ou resolver problemas

- Pasatempos ou xeroglíficos son algunhas das ferramentas máis eficaces

XogosMentaisCemit1

Valga, 11 de marzo de 2026.

Vinte usuarios da Aula CeMIT participaron esta mañá na actividade “Xogos para a mente e a diversión”, dirixida a persoas que desexan manterse activas e estimular as súas capacidades cognitivas. A sesión combinou entretemento e exercicio mental a través de xogos de memoria, atención, lóxica e creatividade.

Os participantes realizaron diferentes tipos de xogos que axudan a estimular o cerebro, mellorar a memoria e manter a mente esperta. Trátase de ferramentas que permiten aprender e divertirse ao mesmo tempo, coma pasatempos, xeroglíficos e outros enigmas.

O docente que impartiu o curso explicoulles os beneficios que teñen, e que van dende melloras na atención e no razoamento, rapidez mental, desenvolvemento da orientación, aumento da concentración ou capacidade de resolución de problemas, entre outros

O experto tamén lles deu consellos para adestrar a mente no día a día, reducindo o risco de deterioro cognitivo e a pérdida de capacidades mentais.

XogosMentaisCemit2 XogosMentaisCemit3

Volver