Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O evento, organizado polo club local, contará por primeira vez con presenza internacional, da man de karatekas portugueses

- A competición celebrarase no pavillón de Cordeiro, con encontros de categoría prebenxamín ata sénior

 

Valga, 26 de febreiro de 2026.

O pavillón municipal de Beiro albergará o vindeiro 7 de marzo a décima edición do Campionato de Karate, un evento organizado polo Club Karate de Valga e que conta coa colaboración do Concello.

A celebración deste torneo retomouse no ano 2023 por parte da actual directiva do club despois de varias temporadas de parón. Dende entón, o número de equipos e deportistas que participan non para de medra e, nesta edición,  serán máis de 300 os competidores, representando a 22 clubs diferentes.

Ademais, por primeira vez, contará con presenza internacional, formada por unha vintena de karatekas de tres equipos portugueses.

A competición levarase a cabo durante a mañá e a tarde do 7 de marzo, con encontros dende a categoría prebenxamín ata a sénior.

O Club Karate de Valga conta actualmente con máis de 70 deportistas federados. Son os socios e as familias os encargados de planificar e levar a cabo todas as funcións organizativas deste torneo, coa colaboración de entidades coma o Concello, a Deputación, a Xunta e a Federación Galega de Karate.

XCampionatoKarate

Volver