Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

Na categoría grupos os gañadores foron “O resurxir dos Picapedra” e “Os de Jris”

O desfile contou con máis de trinta inscricións e repartiu 2.850 euros

Nicradance26

Valga, 23 de febreiro de 2026.

O Desfile de Entroido que se celebrou onte á tarde nas inmediacións do Auditorio Municipal reuniu a máis de trinta participantes, entre disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas. Ademais das inscrición locais, houbo tamén unha importante presenza de concursantes chegados doutras localidades, con procedencias moi diversas: Pontecesures, Padrón, Rois, Santiago, Negreira, A Pobra do Caramiñal, Redondela, Pontevedra, Vilagarcía ou Ordes.

O certame, que constaba de vinte premios valorados en 2.850 euros, tivo como xurado a representantes das ANPAs do IES de Valga, do colexio Xesús Ferro Couselo e do CRA de Valga, da asociación cultural Musival; e da Escola Municipal de Teatro, aos que acompañou o concelleiro de Cultura, Pedro Calvo.

Os participantes desfilaron por Ferreirós, cun pequeno percorrido que pasou por diante do Auditorio. Alí se atopaba o xurado e foi o lugar no que representaron os seus bailes e exhibicións. Despois, mentres os xuíces deliberaban, actuaron Pakokas e Laura Romero, co espectáculo “Ecoralia canta, conta e debuxa”.

O galardón á mellor comparsa de adultos foi para “Nicradance – Esta cara te suena”, de Negreira; e o mellor grupo foi “O resuxir dos Picapedra”, de Valga. En categoría infantil, a comparsa máis valorada polo xurado foi “Ulla en rosa”, de Pontecesures; e en grupos gañaron “Os de Jris”, de Rois. Outro dos galardóns principais foi o mellor disfrace de Valga, que recaeu en “A tribu do confetti”.

Esta é a lista completa de gañadores:

INFANTIL INDIVIDUAL:

1º premio (50 euros): A Madama de Valga

2º premio (40 euros): Gardiá do dragón, de A Pobra do Caramiñal

3º premio (30 euros): Cubo de Rubik, da Escravitude (Padrón)

4º premio (20 euros): Peliqueiro valgués, de Valga.

PARELLAS INFANTÍS:

1º premio (70 euros): As vellas da aldea, de Rois

2º premio (40 euros): Bud Bunny e Donald Trump, de Valga

GRUPOS INFANTÍS

1º premio (100 euros): Os de Jris, de Rois

2º premio (50 euros): O bosque animado, de Valga

COMPARSAS INFANTÍS:

1º premio (200 euros): Ulla en rosa, de Pontecesures

2º premio (100 euros): El buen vinito, de Valga

ADULTO INDIVIDUAL:

1º premio (80 euros): Vamos de pesca, de Laraño (Santiago)

2º premio (40 euros): Mosca cojonera, de Valga

PARELLAS ADULTOS:

1º premio (120 euros): Os vacunantes, de Chapela

2º premio (60 euros): Costureiriños de Entroido, de Santiago

GRUPOS ADULTOS:

1º premio (200 euros): O resurxir dos Picapedra, de Valga

2º premio (100 euros): Fantasía azul, de Rois e arredores

COMPARSAS ADULTOS:

1º premio (800 euros): Nicradance – Esta cara te suena, de Negreira

2º premio (500 euros): Viaxando polo mundo, de Laraño (Santiago)

3º premio (150 euros): Pericas de Porto, de Pontecesures

MELLOR DISFRACE DE VALGA:

Premio único (100 euros): A tribu do confetti

Picapedra26 FantasíaAzul26

Volver