- Os nenos cantáronlles unha canción sobre o Carnaval e outra conmemorativa do Día da Paz
- O colexio puxo en marcha este ano o coro como unha actividade voluntaria durante os recreos para o alumnado de Primaria
Valga, 12 de febreiro de 2026.
O coro do CEIP Baño-Xanza acudiu esta mañá ao CODI e ao Centro de Día para celebrar as festas do Entroido cos seus usuarios.
Os nenos ofreceron un espectáculo de canto composto por dúas cancións. unha delas sobre o Carnaval chamada "O Entroido animado" e outra sobre o Día da Paz, que se conmemorou o pasado 30 de xaneiro, titulada "Ven comigo".
Ademais, non podían faltar os disfraces que luciron os cativos e que foron o complemento ideal para a festa. No Centro de Día, os usuarios acompañáronos con máscaras e outros complementos festivos.
O coro é un proxecto que puxo en marcha neste curso o colexio de Baño e no que participan escolares dos diferentes cursos de Educación Primaria, que de xeito voluntario participan nos ensaios durante os recreos.
Vídeo da actuación: https://www.facebook.com/share/v/18JWnSkzCK/








