Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As participantes prepararon orellas, filloas e rosquillas e tamén unha receita salgada de chulas con bacallau

- A actividade, organizada polo Concello, desenvolveuse na cociña do CODI

AutocoidadoEntroido1

Valga, 12 de febreiro de 2026.

O Entroido chegou ás actividades de envellecemento activo, pero non con disfraces senón a través da gastronomía. As participantes no obradoiro de autocoidado pasaron onte unha tarde ante os fogóns para preparar algunhas delicias que atopamos en practicamente todas as mesas de Galicia durante estas datas. Porque, que sería un Entroido sen filloas ou orellas?

Estes foron dous dos doces que encheron de recendo a anís a cociña do CODI, onde se desenvolveu o obradoiro. As asistentes coñeceron como se prepara o amoado das filloas e a masa das orellas e, despois, puxeron as tixolas ao lume para cociñalas. Outra das sobremesas que prepararon foron rosquillas, tamén moi habituais nesta e outras festas galegas.

Ademais, a sesión culinaria incluíu tamén un prato salgado: chulas de bacallau desmigado, unha receita tradicional da época de coresma.

AutocoidadoEntroido2      AutocoidadoEntroido3

Volver