Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e o director de Turismo asinaron un convenio de colaboración para executar esta actuación

- Colocarase un novo pavimento de pedra e formigón e tamén mobiliario urbano e de xardinería

CapelaDesamparados1

Valga,  30 de xaneiro de 2026.

O Concello de Valga, no seu propósito de poñer en valor o seu patrimonio cultural, está a proxectar actuacións de mellora, recuperación e mantemento de diferentes bens, entre eles a Capela dos Desamparados da Devesa.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e o director de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles, veñen de asinar un convenio de colaboración entre as administracións local e autonómica para investir  79.751’61 euros na humanización da contorna desta capela. Levaranse a cabo actuacións para mellorar a seguridade e accesibilidade, colocando un novo pavimento de pedra e formigón e tamén mobiliario urbano e de xardinería. Tamén está previsto instalar as canalizacións para un futuro soterramento das liñas aéreas de servizos e, unha vez remadas as obras, sinalizarase a zona con prioridade peonil.

Deste xeito preténdese revalorizar este elemento patrimonial, favorecendo o seu uso e gozo do entorno por parte dos veciños e doutros usuarios.

A Capela de Nosa Señora dos Desamparados ten planta rectangular e unha soa nave cun nicho na fachada principal. Os muros son de cantería e a cuberta de tella do país.

Na na contorna destaca, ademais, o cruceiro, coroado por unha cruz latina que mostra, no anverso, a Crucifixión e, no reverso, á Virxe do Socorro co neno.

CapelaDesamparados2

Volver