Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A exposición “Pintando entre camelias” pode verse no Auditorio ata finais do mes de febreiro

- Comparte protagonismo cos paneis de “A camelia, flor de galegos e galegas”, con imaxes e información sobre esta especie

 

PintandoEntreCamelias1

Valga,  30 de xaneiro de 2026.

A camelia á a protagonista durante esta fin de semana no Auditorio Municipal coa XVIII Mostra da Camelia “Bella Otero”, organizada pola asociación de Mulleres Rurais “Albor”. Como complemento a esta actividade, dende comezos de semana poden verse tamén no Auditorio dúas exposicións que teñen como protagonista a esta flor.

Por unha parte, “A camelia, flor de galegos e galegas”, con paneis que recollen imaxes e información sobre esta especie e as súas distintas variedades. E por outra, “Pintando entre camelias”, unha exposición de cadros coa que Rosa Crespo fusiona dúas das súas afeccións: a pintura e o cultivo de camelias.

“Nestes cadros o elemento central son as camelias. Para min é moi importante reflexar que variedade aparece en cada obra, que sexan recoñecibles, e por iso a miña pintura é moi realista”, explica a autora. Ademais, a mostra complétase con outros paisaxes de espazos naturais coma as Fragas do Eume e un retrato de Rosa Crespo noutra das súas facetas: a de moteira.

A exposición poderá verse ata finais dos mes de febreiro.

PintandoEntreCamelias2 PintandoEntreCamelias3

Volver