Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O organismo da Consellería de Medio Ambiente aporta o orzamento íntegro da actuación: 7.760 euros

ObrasAccesibilidadePIDM1

Valga, 17 de decembro de 2025.

A empresa Covsa executou obras de mellora no Parque Irmáns Dios Mosquera, na zona da área fluvial do río Valga.

Estes traballos foron contratados polo Concello trala sinatura dun convenio de colaboración con Augas de Galicia para a posta en valor desta contorna. Trátase de mellorar a accesibilidade e facilitar o acceso ordenado á zona de lecer mediante a creación de sendeiros.

O orzamento desta actuación ascende a 7.760 euros, que foron aportados íntegramente polo organismo Augas de Galicia.

ObrasAccesibilidadePIDM2       ObrasAccesibilidadePIDM3

Volver