Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Desenvolveranse os días 16, 17 e 18 de febreiro, xornadas non lectivas

- Nas actividades poden participar nenos e mozos de 3 a 16 anos, cun total de 30 prazas por xornada

 

Valga, 14 de xaneiro de 2026.

O Concello ofrece ás familias valguesas unha alternativa de conciliación para as xornadas non lectivas do Entroido, tres xornadas dirixidas a nenos e mozos de 3 a 16 anos, que realizarán actividades lúdicas e educativas relacionadas coas festas de Carnaval (máscaras e xogos, entre outras). Desenvolveranse os días 16, 17 e 18 de febreiro no Auditorio Municipal en horario de mañá: de 10:00 a 14:00 horas.

Cada xornada contará cun mínimo de dez participantes e un máximo de 30, que se cubrirán por orde de inscrición. O prazo para anotarse estará aberto entre o 19 de xaneiro e o 6 de febreiro, entregando a folla cuberta no rexistro do Concello, presentándoa a través da Sede Electrónica ou enviándoa ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A folla pode descargarse na páxina web municipal, a través da ligazón en https://valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes.

O prezo é de 5 euros por xornada para os participantes empadroados en Valga e de 7’5 para os non empadroados. Establécense bonificacións do 20% nesta taxa nos seguintes casos:

  • Familias co título de familia numerosa.
  • Familias monoparentais.
  • Participantes con discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Familias con dous ou máis fillos inscritos.

Tamén se fixan bonificacións do 100% do prezo para famliias en situación de vulnerabilidade usuarias dos Servizos Sociais municipais e familias acolledoras de menores.

O pago realizarase unha vez se publiquen as listas de participantes admitidos.

CartelXornadasEntroido

Volver